Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 331
Clasificación Genérica Pratería; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Obxectos asociados á ofrenda
Objeto/Documento Cáliz
Autor/a Lucas de Toro
Materia/Soporte Prata
Técnica Repuxado [labra, repuxado, dourado]
Fundición
Dimensiones Diámetro = 13 cm; Altura = 25 cm
Descripción A copa, acampanada e lixeiramente aberta e lisa, decórase cunha sinxela cenefa a burelado con motivos xeométricos a media altura e dourada ao interior. Haste moldurado con mazá en forma de xerro coa moldura superior decorada coa mesma técnica que a copa. Pé circular diferenciado en varios niveis contendo a inscrición así como as marcas da localidade (Madrid) e do artífice ( Lucas de Toro ), así como unha cenefa con decoración de follas de loureiro no perímetro.
Inscripciones/Leyendas LO DONO EL EXMO. SöR Dn RAFAEL DE MUQUIZ Y ALDUNATE. ARZOBISPO DE SANTIAGO. AÑO DE 1820
Firmas/Marcas/Etiquetas L/TORO ( Lucas de Toro ) [Marca de prateiro]
Madrid [Marca de localidade]
Datación 1820
Contexto Cultural/Estilo Neoclasicismo
Lugar de Producción/Ceca Madrid (España, Europa do Sur)
Uso/función Litúrxico
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Clasificación Razonada Fixéronse por Lucas de Toro un grande número de cálices deste tipo na segunda metade do século XIX encargados todos polo bispo Múzquiz de Aldunate. Nestes cálices inspiráronse os cálices esmoleiros encomendados con posterioridade polo cardeal Martín de Herrera para numerosas parroquias de Galicia.
Catalogación Domínguez Pallas, Desirée
| más imágenes |
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6